Axuda do LibreOffice 25.2
O contido almacenado no portapapeis pode pegarse no seu documento usando diferentes formatos. LibreOffice permítelle escoller pegar o contido mediante unha caixa de diálogo ou a través dunha icona despregábel.
As opcións dispoñíbeis varían en función do contido do portapapeis.
If a text cut or copied from Writer is surrounded by spaces it will be considered as a set of words. When pasted, Writer will surround it smartly by spaces to keep it as a set of words: separated by spaces from other characters but avoiding any duplication of spaces. If the text is pasted as Unformatted Text, this consideration is ignored and the text is pasted as is, without adding any spaces.
Para abrir o menú prema a frecha situada ao lado da icona Pegar na barra Estándar.
Seleccione unha das opcións.
Se non lle satisfai o resultado pode premer na icona Desfacer e pegar de novo mediante outra opción.
Escolla Editar - Pegado especial.
Seleccione unha das opcións e prema Aceptar.
Se ten aberta unha folla de cálculo e o contido do portapapeis son celas de folla de cálculo, aparece unha caixa de diálogo de Pegado especial diferente. Empregue a caixa de diálogo Pegado especial para copiar celas mediante opcións básicas ou avanzadas.
Traspor: Permuta as filas e as columnas do intervalo de celas que desexa pegar.
Ligazón: Pega o intervalo de celas como unha ligazón. Se o ficheiro de orixe cambia tamén o fan as celas pegadas.
As demais opcións explícanse na axuda ao abrir a caixa de diálogo Pegado especial desde LibreOffice Calc.