Axuda do LibreOffice 24.8
Esta é a forma máis frecuente de usar o navegador.
Prema dúas veces nun obxecto do navegador para ir directamente á súa posición no documento.
Pode utilizar a barra Navegación para desprazarse ao obxecto anterior ou ao seguinte dunha categoría concreta.
Abra a barra de ferramentas mediante a icona Navegación situada debaixo da barra de desprazamento vertical dun documento de texto ou na xanela do navegador.
Primeiro seleccione a categoría na barra Navegación e depois prema un dos botóns: Obxecto anterior ou Obxecto seguinte. Os nomes dos botóns fan referencia á categoría. Por exemplo, o botón "Obxecto seguinte" chámase "Páxina seguinte" ou "Marcador seguinte" segundo a categoría seleccionada.