Utilización de Microsoft Office e de LibreOffice

LibreOffice pode abrir e gardar documentos nos formatos de ficheiro do Office da Microsoft, incluídos os formatos Open XML do Office da Microsoft.

Abrir ficheiros do Office da Microsoft

  1. Escolla Ficheiro - Abrir e seleccione un ficheiro de Microsoft Office na caixa de diálogo de abertura de ficheiros de LibreOffice.

O ficheiro de MS Office...

...abrirase no módulo LibreOffice

Microsoft Word, *.doc, *.docx

LibreOffice Writer

Microsoft Excel, *.xls, *.xlsx

LibreOffice Calc

Microsoft PowerPoint, *.ppt, *.pps, *.pptx

LibreOffice Impress


Gardar como ficheiro do Office da Microsoft

  1. Escolla Ficheiro - Gardar como.

  2. Seleccione un formato de ficheiro de Microsoft Office na caixa Tipo de ficheiro.

Gardar documentos en formatos do Office da Microsoft por omisión

  1. Choose - Load/Save - General.

  2. In the Default file format and ODF settings area, first select a document type, then select the file type for saving.

A partir de agora, cando garde un documento, o Tipo de ficheiro definirase segundo as súas preferencias. Se o desexa pode seleccionar outro tipo de ficheiro na caixa de diálogo de gravación de ficheiros.

Converter moitos ficheiros de Microsoft Office a formato OpenDocument

O asistente de conversión de documentos copiará e converterá todos os ficheiros de Microsoft Office situados nun cartafol en documentos de LibreOffice con formato de ficheiro de OpenDocument. Pode especificar en que cartafol ler e en cal gardar os ficheiros convertidos.

  1. Escolla Ficheiro - Asistentes - Conversor de documentos para iniciar o asistente.

Macros no Office da Microsoft Office e no LibreOffice

Cunhas poucas excepcións, o Office da Microsoft e o LibreOffice non poden executar o mesmo código de macros. O Office da Microsoft emprega código VBA (Visual Basic para aplicativos) e o LibreOffice emprega código Basic baseado na API do entorno LibreOffice. Aínda que a linguaxe de programación sexa a mesma, os obxectos e os métodos son diferentes.

Icona Nota

As versións máis recentes do LibreOffice poden executatar algúns scripts de Visual Basic para Excel se se activa esta funcionalidade en - Cargar/Gardar - Propiedades VBA.


Se usa macros nun aplicativo e quere usar noutro a mesma funcionalidade, ten que editar as macros. LibreOffice pode cargar as macros contidas nos ficheiros de Microsoft Office para que vexa e edite o seu código no editor IDE de Basic de LibreOffice.

Pode escoller entre preservar ou eliminar macros de VBA

Abra un documento de Microsoft Office que conteña o código de macro VBA. Cambie só o contido normal (texto, celas, imaxes) e non edite as macros. Gárdeo como ficheiro de Microsoft Office e ábrao con el. As macros VBA executaranse como antes.

Pode eliminar as macros de VBA do ficheiro de Microsoft Office ao cargar ou gardar.

  1. Choose - Load/Save - VBA Properties to set the VBA macro handling of LibreOffice.

Sobre a conversión de documentos de Microsoft Office

Abrir documentos

Abrir documentos gardados noutros formatos

Gardar documentos noutros formatos

Precisamos da súa axuda!