Sobre a conversión de documentos de Microsoft Office

LibreOffice pode abrir automaticamente documentos de Microsoft Office 97/2000/XP. Así e todo algúns recursos de deseño e atributos de formatado dos documentos máis complexos de Microsoft Office reciben un trato diferente ou non son válidos en LibreOffice. Por esta causa, os ficheiros convertidos requiren un certo grao de reformatado manual, proporcional á complexidade da estrutura e do formatado do documento de orixe. LibreOffice non executa scripts de Visual Basic, mais pode cargalos para a súa análise.

Icona Nota

As versións máis recentes do LibreOffice poden cargar e gardar os formatos de documento Open XML do Office da Microsoft coas extensións docx, xlsx e pptx. As mesmas versións tamén poden executar algúns scripts de Visual Basic para Excel se se activa esta funcionalidade en - Cargar/Gardar - Propiedades VBA.


As seguintes listas ofrecen unha visión xeral dos recursos de Microsoft Office que poden causar problemas de conversión. Con todo, non verá afectada a súa capacidade de traballo e manipulación do contido do documento convertido.

Microsoft Word

  1. Formas automáticas

  2. Marcas de revisión

  3. Obxectos OLE

  4. Algúns controis e campos de formulario de Microsoft Office

  5. Índices

  6. Táboas, marcos e formatado de varias columnas

  7. Hiperligazóns e marcadores

  8. Imaxes de Microsoft WordArt

  9. Caracteres e textos animados

PowerPoint da Microsoft

  1. Formas automáticas

  2. Tabulación, liña e espazamento de parágrafo

  3. Imaxes principais de fondo

  4. Obxectos agrupados

  5. Algúns efectos multimedia

Microsoft Excel

  1. Formas automáticas

  2. Obxectos OLE

  3. Algúns controis e campos de formulario de Microsoft Office

  4. Táboas dinámicas

  5. Novos tipos de gráfica

  6. Formatado condicional

  7. Algunhas funcións/fórmulas (vexa embaixo)

Un exemplo das diferenzas entre o Calc e o Excel é en como manexan os valores lóxicos. Introduza VERDADEIRO nas celas A1 e A2.

Icona Nota

For a detailed overview about converting documents to and from Microsoft Office format, see the Migration Guide.


Abrir documentos de Microsoft Office protexidos con contrasinal

LibreOffice pode abrir os seguintes tipos de documentos de Microsoft Office protexidos por contrasinal.

Formato do Office da Microsoft

Método de codificación soportado

Word 6.0, Word 95

Cifraxe débil (XOR)

Word 97, Word 2000, Word XP, Word 2003

Cifraxe compatíbel con Office 97/2000

Word XP, Word 2003

Cifraxe débil (XOR) de versións anteriores de Word

Excel 2.1, Excel 3.0, Excel 4.0, Excel 5.0, Excel 95

Cifraxe débil (XOR)

Excel 97, Excel 2000, Excel XP, Excel 2003

Cifraxe compatíbel con Office 97/2000

Excel XP, Excel 2003

Cifraxe débil (XOR) de versións anteriores de Excel


Pódense abrir os ficheiros do Office da Microsoft que estean cifrados con AES128. Non se admiten outros métodos de cifrado.

Precisamos da súa axuda!