Axuda do LibreOffice 24.8
Escolla Ficheiro - Novo - Tarxetas de visita para abrir a caixa de diálogo Tarxetas de visita, onde pode escoller a aparencia da tarxeta.
Pode deseñar etiquetas e tarxetas de visita mediante a caixa de diálogo Etiquetas.
Escolla Ficheiro - Novo - Etiquetas para abrir a caixa de diálogo Etiquetas.
Defina o formato da etiqueta na lapela Etiquetas - Formato.
LibreOffice Writer contén moitos formatos de follas comercialmente dispoñíbeis para etiquetas, distintivos e tarxetas de visita. Tamén pode engadir outros formatos definidos polo usuario.
Na área de Texto de etiqueta, situada no separador Etiquetas, pode escribir o texto que desexa mostrar nas etiquetas.
Isto normalmente implica a campos de bases de datos, sendo así posíbel imprimir as etiquetas con contido variábel, por exemplo, ao enviar "cartas modelo". Tamén pode imprimirse o mesmo texto en todas as etiquetas.
Utilice as caixas de lista Base de datos e Táboa para seleccionar a base de datos e a táboa desde as que obter os campos de datos. Prema o botón de frecha para transferir o campo de datos seleccionado á área de texto de etiqueta. Prema Intro para inserir unha quebra de liña. Tamén pode introducir espazos e calquera outro texto fixo.
Na área de Formato pode definir outros formatos de etiqueta, alén dos predefinidos. Para facelo, seleccione "usuario" na caixa de lista Tipo. No separador Opcións pode especificar se crear todas as etiquetas ou só algunhas.
No separador Opcións, verifique se a caixa Sincronizar contido está seleccionada. Se o está, só é necesario introducir unha etiqueta (na etiqueta superior esquerda) e editala unha única vez.
Prema Novo documento para crear un documento coa configuración que introduciu.
Se preme Novo documento verá unha pequena xanela co botón Sincronizar etiquetas. Introduza a primeira etiqueta. Cando prema o botón Sincronizar etiquetas, a etiqueta actual copiarase en todas as demais da folla.