Integrar novos compoñentes UNO

Os programadores poden gravar e integrar os seus propios compoñentes UNO (Universal Network Objects) en LibreOffice. Estes novos compoñentes poden engadirse aos menús e barras de ferramentas de LibreOffice; chámanse "complementos".

Algunhas ferramentas e servizos ofrecen soporte para a integración de novos compoñentes. Pode obter información máis detallada na Guía do programador de LibreOffice . Os seguintes son os tres pasos principais:

  1. Rexistre os novos compoñentes en LibreOffice a través da ferramenta unopkg, situada no programa {camiñoinstal}.

  2. Integre os novos compoñentes como servizos. Os servizos ProtocolHandler e JobDispatch axúdano; pode obter máis información na Guía do programador de LibreOffice.

  3. Cambie a interface de usuario (menús ou barras de ferramentas). Pode facelo de forma case automática gravando un ficheiro de texto XML que describa os cambios. Pode obter máis información na Guía do programador de LibreOffice.

Os complementos poden ampliar a funcionalidade de LibreOffice. Non están relacionados cos que fornecen novas funcións a LibreOffice Calc.

Axúdenos, por favor!