Use o seguinte procedemento para abrir documentos gardados noutros formatos:
Escolla Ficheiro - Abrir.
Seleccione un formato na lista Tipo de ficheiro.
Seleccione un nome de ficheiro e prema Abrir.
If you always want the file dialogs to show another format by default, choose LibreOffice - PreferencesTools - Options - Load/Save - General and select that format as Default file format.
Converter todos os documentos dun cartafol
Abra o asistente, que o guiará durante operación, para copiar e converter todos os documentos de formatos Microsoft Word, Microsoft Excel ou Microsoft PowerPoint en documentos OpenDocument. Pode seleccionar un cartafol de orixe e de destino, especificar se desexa converter documentos e/ou modelos e moito máis.
Escolla o tipo de ficheiro "Documento HTML" para abrir en LibreOffice Writer/Web. É o predefinido para documentos HTML en LibreOffice.
Están agora dispoñíbeis todas as opcións de LibreOffice Writer/Web, como Mostrar fonte HTML.
Escolla "Documento HTML (LibreOffice Writer)" para abrir en LibreOffice Writer.
Están agora dispoñíbeis todas as opcións de LibreOffice Writer. Non todas as opcións que ofrece LibreOffice Writer para a edición de documentos se poden gardar en formato HTML.