Engadir puntos premíbeis a imaxes

Os mapas de imaxe permítenlle anexar URLs a áreas específicas, chamados puntos premíbeis, nunha imaxe do seu documento. Un mapa de imaxe é un grupo dun ou máis puntos premíbeis.

Pode debuxar tres tipos de puntos activos: rectángulos, elipses e polígonos. Cando se preme nun punto activo, o URL ábrese na xanela do explorador ou no marco especificado. Tamén pode especificar o texto que aparece cando o rato se sitúa sobre o punto activo.

Para engadir puntos sensíbeis a imaxes

  1. Sitúe o cursor no lugar do documento onde quere colocar o mapa de imaxe.

  2. Choose Insert - Image, select and insert a bitmap image.

  3. With the image selected, choose Tools - ImageMap to open the ImageMap Editor, which displays the selected image and contains the hotspot editing tools.

  4. Use as iconas do editor para debuxar a forma do punto sensíbel sobre a imaxe de fondo, por exemplo, un rectángulo.

    You can see an extended help text on the functions of each icon when you enable Extended Help in - LibreOffice - General.

  5. Introduza o "enderezo" de URL que se mostrará no explorador da web cando o usuario prema o punto sensíbel.

  6. Se o desexa pode introducir un "texto" que se mostrará como suxestión cando o usuario sitúe o rato sobre o punto sensíbel.

  7. Prema Aplicar para activar os cambios e peche o editor.

  8. Garde o documento en formato HTML ou LibreOffice.

Pode, por exemplo, gardar o mapa de imaxe como ficheiro e cargalo nun servidor web.

Mapa de imaxe

Un mapa de imaxe é un gráfico ou marco sensíbel a referencias. Pódese premer en determinadas áreas do gráfico ou moldura para acceder a un destino URL) asociado á área. As áreas de referencia, xunto cos URL asociados e o texto correspondente que se mostrar ao colocar o punteiro do rato sobre esas áreas, defínense no Editor de mapas de imaxe.

Existen dous tipos diferentes de mapas de imaxe. O mapa de imaxe de cliente avalíase no computador cliente que cargou a imaxe da internet, mentres que o mapa de imaxe de servidor se avalía no computador servidor que fornece a páxina HTML na internet. Na avaliación realizada no servidor, premendo no mapa de imaxe, envíanse as coordenadas relativas do cursor de dentro da imaxe ao servidor e un programa destinado a ese efecto responde. Na avaliación realizada no cliente, premendo nun punto activo do mapa de imaxe, actívase o URL como se se tratase dunha ligazón de texto normal. O URL aparece debaixo do apuntador do rato cando o usuario pasa o cursor sobre o mapa de imaxe.

Como os mapas de imaxe se poden usar de formas moi diversas, tamén é posíbel almacenalos con diferentes formatos.

Formatos de mapas de imaxe

Os mapas de imaxe divídense basicamente en dous grupos: os analizados no servidor (ou sexa, o seu provedor da internet) e os analizados no explorador da web do computador do usuario.

Mapas de imaxe de servidor

Os mapas de imaxe de servidor móstranse na páxina en forma de imaxe ou marco. Prema no mapa de imaxe co rato para enviar as coordenadas da posición relativa ao servidor. Coa axuda dun programa extra, o servidor determinará o paso seguinte. Hai varios métodos incompatíbeis para definir este proceso. Os dous máis comúns son:

O LibreOffice crea mapas de imaxes para ambos os dous métodos. Seleccione o formato da lista Tipo de ficheiro do diálogo Gardar como do Editor de mapas de imaxes. Créase ficheiros de mapas separados que hai que enviar ao servidor. Haberá que lle preguntar ao fornecedor de acceso á web ou á administración da rede que tipo de mapas de imaxes admite o servidor e como acceder ao programa de avaliación.

Mapa de imaxe de cliente

A zona da imaxe ou marco na que pode premer o lector indícase coa aparición do URL ligado ao pasar o rato por riba da zona. O mapa de imaxes almacénase nunha capa por debaixo da imaxe e contén información sobre as rexións ás que se fai referencia. A única desvantaxe dos mapas de imaxes do lado do cliente é que os navegadores web máis antigos non as poden ler; unha desvantaxe, porén, que ha desaparecer co tempo.

Ao gardar o mapa de imaxe seleccione o tipo de ficheiro SIP — Mapa de imaxes de StarView. Isto garda o mapa de imaxes directamente nun formato que pode ser aplicada a todas as imaxes ou marcos do documento activos. Porén, se só pretende usar o mapa de imaxes coa imaxe ou o marco de texto actuais non o terá que gardar en ningún formato especial. Logo de definir as rexións, simplemente prema en Aplicar. Non fai falta máis. Os mapas de imaxes do lado do cliente gardados no formato HTML insírense directamente no código HTML da páxina.

Precisamos da súa axuda!