Ligazóns relativas e absolutas

Debe ter en conta dous factores ao incluír hiperligazóns: se están definidas como relativas ou absolutas e se o ficheiro está presente ou non.

warning

Cando posiciona o rato nunha hiperligazón, unha suxestión de axuda mostra a referencia absoluta, xa que LibreOffice utiliza internamente nomes de camiños absolutos. O camiño e enderezo completo mostraranse só ao ver o resultado da exportación HTML, cargando o ficheiro HTML como "texto" ou abríndoo cun editor de texto.


Precisamos da súa axuda!