Adding a Command Button to a Document

Pode usar a barra de ferramentas Controis de formulario para engadir a un documento caixas de verificación, botóns, táboas mostrando rexistros de datos, etc.

Para engadir un botón a un documento:

  1. Escolla Ver - Barras de ferramentas - Controis de formulario.

  2. Na barra de ferramentas Controis de formulario, prema a icona Botón de orde.

    O apuntador do rato adopta a forma de cruz.

  3. Arrastre no documento para debuxar o botón.

  4. Prema co botón dereito do rato e escolla Control.

  5. Especifique as propiedades do botón.

  6. Para cambiar a etiqueta do botón, prema o separador Xeral e edite o texto na caixa Etiqueta.

  7. Para anexar unha macro a un botón, prema o separador Eventos e despois o botón ... situado ao lado do botón de ordes que desexa que execute a macro. Na caixa de diálogo Atribuír macro, localice a macro que desexa usar e prema Aceptar.

  8. Peche a caixa de diálogo Propiedades.

  9. (Opcional) Especifique as propiedades do formulario ao que pertence o botón.

  10. Prema o botón dereito do rato e escolla Formulario.

  11. Ábrese a caixa de diálogo Propiedades de formulario.

  12. Especifique as propiedades do formulario e peche a caixa de diálogo.

Axúdenos, por favor!