Axuda do LibreOffice 24.8
Para enviar un fax desde LibreOffice, necesita un módem de fax e un controlador de fax que lles permita aos aplicativos comunicarse co módem.
Abra a caixa de diálogo Imprimir, escollendo Ficheiro - Imprimir e seleccione o controlador de fax na caixa de lista Nome.
Se preme en Aceptar ábrese a caixa de diálogo onde pode seleccionar o controlador de fax.
Pode configurar LibreOffice para que envíe automaticamente o documento actual como un fax se preme unha única vez sobre unha icona:
Choose - LibreOffice Writer - Print.
Seleccione o controlador de fax na caixa de lista Fax e prema Aceptar.
Prema a icona de frecha situada ao final da barra Estándar. Escolla Personalizar a barra de ferramentas no menú despregábel.
Aparece o separador Barra de ferramentas da caixa de diálogo Personalizar.
Prema Engadir ordes.
Seleccione a categoría "Documentos" e, a seguir, a orde "Enviar fax predefinido".
Prema Engadir e, a seguir, Pechar.
No separador Barras de ferramentas, prema o botón de frecha cara a abaixo no lugar onde desexa situar a nova icona. Prema Aceptar.
Agora a barra Estándar contén unha nova icona que permite enviar o documento actual como fax.