Copiar áreas de follas de cálculo a documentos de texto

  1. Abra o documento de texto e a folla de cálculo.

  2. Seleccione a área da folla que desexa copiar.

  3. Sitúese sobre a a área seleccionada e prema co botón do rato, sen soltalo arrastre a área ao documento de texto.

  4. Solte o botón do rato cando o cursor estea situado sobre o lugar onde quere inserir a área da folla. A área insírese como obxecto OLE.

  5. Pode seleccionar e editar o obxecto OLE en calquera momento.

  6. Para editar o obxecto OLE, prema nel dúas veces.

    Como alternativa pode seleccionar o obxecto e escoller Editar - Obxecto - Editar ou escoller Editar no menú de contexto.O obxecto edítase no seu marco no documento de texto, mais pode ver as iconas e ordes de menú necesarios para follas de cálculo.

  7. Escolla Abrir para abrir o documento de orixe do obxecto OLE.

Arrastrar e soltar en documentos de LibreOffice

Copiar imaxes entre documentos

Copiar imaxes da galería

Engadir imaxes á galería

Axúdenos, por favor!