Arrastrar e soltar mediante a visualización de fonte de datos

Arrastrar e soltar é un forma rápida de copiar información dunha fonte de datos nun documento de texto ou de folla de cálcul, así como de crear formularios baseados nunha fonte de datos.

Copiar datos co rato

Copiar mediante arrastrar e soltar

Para inverter unha acción de arrastar e soltar, posicione o cursor no documento e escolla Editar - Desfacer.

Icona Suxestión

Tamén pode copiar desde un documento a unha fonte de datos usando arrastrar e soltar:


Icona Suxestión

Pode arrastrar e soltar unha táboa de texto ou un intervalo seleccionado dunha folla de cálculo a un depósito de táboa no explorador da fonte de datos.


Icona Suxestión

O texto simple pode copiarse dun documento a un campo de datos na visualización de fonte de datos usando arrastrar e soltar.


Utilizar datos nun documento de texto

Pode inserir un campo de base de datos nun documento de texto arrastrando un nome de campo desde a cabeceira da columna da visualización de fonte de datos ata o documento. Esta opción é especialmente útil para deseñar cartas modelo. Arrastre os campos desexados - enderezo, formato do enderezo, etc. - ao documento.

Para inserir un rexistro completo, seleccione a cabeceira correspondente e arrástrea ao documento. Cando solte o botón do rato, aparecerá a caixa de diálogo Inserir columnas da base de datos, onde pode decidir se usar todos os campos da base de datos e se copiar os datos ao documento como texto, táboa ou campos. Inseriranse todos os rexistros seleccionados.

Aplicar datos a documentos de táboa

Pode inserir un ou máis rexistros na folla actual dunha folla de cálculo seleccionando as filas da visualización de fonte de datos e arrastrándoas e soltándoas na folla de cálculo. Os datos insírense onde solte o botón do rato.

Inserir controis en formularios de texto

Ao crear formularios de texto ligados a bases de datos, pode xerar controis arrastrando e soltando desde a visulización de fonte de datos.

When you drag a database column into the text document, you insert a field. If you hold down Shift+ while dragging, a text field is inserted, grouped with an appropriate label field. The text field already contains all the database information that you need for the form.

Arrastrar e soltar en documentos de LibreOffice

Copiar imaxes entre documentos

Copiar áreas de follas de cálculo a documentos de texto

Copiar imaxes da galería

Engadir imaxes á galería

Axúdenos, por favor!