Gardar documentos automaticamente

Para crear un ficheiro de seguranza cada vez que garda un documento

  1. Choose - Load/Save - General.

  2. Marque Sempre crear copia de seguranza.

Se a opción Sempre crear copia de seguranza está seleccionada, a versión antiga do ficheiro gárdase no cartafol de seguranza cada vez que garde a versión actual do ficheiro.

Para gardar automaticamente información de recuperación cada n minutos

  1. Choose - Load/Save - General.

  2. Marque Gardar a información de recuperación automática cada e seleccione o intervalo de tempo.

Esta orde garda a información necesaria para restaurar o documento actual en caso de fallo. Alén diso, nese caso, LibreOffice tenta gardar automaticamente a información de recuperación automática para todos os documentos abertos, se é posíbel.

Axúdenos, por favor!