Creando informes

Un informe é un documento de texto do Writer que pode mostrar datos nunha orde organizada e cun determinado formato. No Base de LibreOffice pódese escoller entre crear un informe manualmente con arrastrar e soltar na xanela do Construtor de Informes ou semiautomaticamente seguindo unha serie de diálogos no Asistente de Informes.

A seguinte lista ofrece información para decidir que método utilizar para os datos:

Construtor de informes

Asistente de informes

Iniciado pola orde "Crear informe en Visualización de deseño"

Iniciado pola orde "Utilizar Asistente para crear informe"

Flexibilidade total para usar cabeceiras e rodapés nos informes, cabeceiras de páxina e rodapés, informes de varias columnas.

Utiliza un modelo Writer para gerar un documento do informe.

Arrastre e solte para colocar os campos dos rexistros ou outros elementos de deseño como imaxes ou liñas.

Seleccione entre as escollas dadas para dispor os rexistros dos datos.

Generates a one-time snapshot of the data. To see an updated report, execute the same report again to create a Writer document with the updated data.

You can choose to generate a one-time snapshot with fixed data, or a "live" report with links to the current data at the time when you open the Base file.

Garda o informe como un documento de texto Writer. Almacena a información como para crear o informe no ficheiro Base.

Garda o informe e a información como se o informe fose creado no ficheiro Base.

Escolla Abrir no menú de contexto ou prema dúas veces o nome do informe para crear un novo informe cos datos actuais.

Escolla Abrir no menú de contexto ou prema dúas veces o nome do informe para, ora ver de novo a instantánea estática dos datos creados por primeira vez, ora crear un novo informe cos datos actuais. Isto depende da súa escolla na última páxina do asistente.

Choose Edit in the context menu of a report name to open the Report Builder window, with the report's information loaded.

Escolla Editar no menú de contexto dun nome do informe para editar o ficheiro do modelo Writer que se utilizou para crear o informe.


Creando manualmente un Novo informe en Visualización de deseño

  1. Abra o ficheiro de base de datos onde quere crear o novo informe.

  2. No panel esquerdo da xanela da base de datos, prema a icona Informes.

  3. Prema Crear informe en Visualización de deseño.

  4. Follow the instructions in the Report Builder guide.

Crear informes co Asistente de informes

  1. Abra o ficheiro de base de datos onde quere crear o novo informe.

  2. No panel esquerdo da xanela da base de datos, prema a icona Informes.

  3. Prema Usar o asistente para crear un informe.

  4. Siga os pasos do Asistente de informe para crear o informe.

Axúdenos, por favor!