Axuda do LibreOffice 24.8
Se desexa intercambiar datos cunha base de datos que non teña unha ligazón ODBC e non permite a importación e exportación a dBASE, pode usar un formato de texto común.
Para intercambiar datos en formato texto use o filtro de importación/exportación de LibreOffice Calc.
Exporte os datos desexados da base de datos de orixe en formato texto. Recoméndase o formato CSV, pois separa campos de datos mediante delimitadores, como comas e punto e coma, e separa rexistros inserindo quebras de liña.
Escolla Ficheiro - Abrir e prema no ficheiro que desexa importar.
Seleccione "Texto CSV" na caixa de combinación tipo de ficheiro e a seguir prema Abrir.
Aparecerá a caixa de diálogo Importar texto. Escolla os datos do documento de texto que desexa incluír.
Unha vez que os datos se encontren nunha folla de cálculo de LibreOffice Calc, poderá editalos cando necesite. Garde os datos como fonte de datos de LibreOffice:
Grave a folla de cálculo de Calc de LibreOffice actual no formato de dBASE no cartafol dunha base de datos de dBASE. Para facer iso, escolla Ficheiro - Gardar como e a seguir escolla o Tipo de ficheiro «dBASE» e o cartafol da base de datos de dBASE.
Pode exportar follas de cálculo de LibreOffice nun formato de texto lexíbel por moitos outros aplicativos.
Escolla Ficheiro - Gardar como.
En Tipo de ficheiro, seleccione o filtro "Texto CSV". Introduza un nome de ficheiro e prema Gardar.
Isto abre a caixa de diálogo Exportar ficheiros de texto, onde pode seleccionar un conxunto de caracteres e delimitadores de campo e de texto. Prema Aceptar. Un aviso informarao de que só se gardou a folla de cálculo activa.