Rexistrar axendas de enderezos

En LibreOffice pode rexistrar fontes de datos diferentes. Deste xeito o contido dos campos de datos está dispoñíbel para o seu uso en varios campos e controis. A axenda de enderezos do sistema é un exemplo de fonte de datos.

Os modelos e asistentes de LibreOffice usan campos para o contido da axenda de enderezos. Se os activa, os campos xerais dos modelos substitúense automaticamente polos campos da fonte de datos da axenda de enderezos.

Para levar a cabo a substitución, debe indicar a LibreOffice a axenda de enderezos que utiliza. O asistente que lle pide esta información aparece automaticamente a primeira vez que activa, por exemplo, un modelo de carta comercial. Tamén pode abrilo seguindo os pasos descritos a continuación.

Icona Nota

Os datos da axenda de enderezos son só de lectura en LibreOffice Base. Non é posíbel engadir, editar ou eliminar datos relativos a enderezos en Base.


Asistente de fonte de datos de enderezos

Para activar o asistente de Fonte de datos de enderezos escolla Ficheiro - Asistentes - Fonte de datos de enderezos.

Rexistrar manualmente axendas de enderezos existentes

  1. Choose Tools - Address Book Source. The Templates: Address Book Assignment dialog appears.

  2. Na caixa de combinación Fonte de datos, seleccione a axenda de enderezos do sistema ou a fonte de datos que desexe utilizar como axenda de enderezos.

  3. If you have not yet registered the system address book in LibreOffice as the data source, click the Address Data Source ... button. This takes you to the Address Book Data Source Wizard, in which you can register your address book as a new data source in LibreOffice.

  4. Na caixa de combinación Táboa, seleccione a táboa de base de datos que desexa utilizar como axenda de enderezos.

  5. En Atribución de campo, asocie os campos de nome, empresa, departamento, etc. cos nomes de campos reais utilizados na súa axenda de enderezos.

  6. Cando termine, prema Aceptar para pechar a caixa de diálogo.

Agora a súa fonte de datos está rexistrada como axenda de enderezos en LibreOffice. Se a continuación abre un modelo da categoría Correspondencia comercial, LibreOffice pode inserir automaticamente os campos correctos para unha carta modelo.

Precisamos da súa axuda!