Axuda do LibreOffice 24.8
Utilice o portapapeis para copiar tanto o contido dunha única cela como unha fórmula (por exemplo, da liña de entrada dunha barra de fórmula) para despois poder inserila nun texto.
Para copiar un intervalo de celas nun documento de texto, seleccióneo e insírao no documento mediante o portapapeis ou arrastrándoo e soltándoo. A continuación encontrará un obxecto OLE no documento, que posteriormente poderá editar.
Se arrastra celas á visualización normal dunha presentación, as celas insírense como obxecto OLE. Se as arrastra ao modo esquema, cada cela forma unha liña do modo esquema. Se só as arrastra, desprázaas. As celas copiaranse se preme en Maiús ao arrastrar.
Se copia no portapapeis un intervalo de celas de LibreOffice Calc, cópianse tamén os obxectos de debuxo, obxectos OLE e gráficas que inclúa. Cópianse tamén se inicia unha acción de arrastrar e soltar. No entanto, estes obxectos insírense só se os arrastra ata o mesmo documento.
Se insire un intervalo de celas que conteña unha gráfica, esta só manterá a ligazón co intervalo de orixe se os copia xuntos.