Editar títulos de gráficas

Para editar títulos de gráficas inseridas en documentos de LibreOffice:

  1. Prema dúas veces na gráfica.

    Aparece un bordo gris ao redor da gráfica e a barra de menú contén agora ordes para editar os obxectos na gráfica.

  2. Prema dúas veces nun título. Aparecerá un bordo gris ao redor do texto que o usuario poderá modificar. Prema en Intro para crear unha liña.

    If no title text exists, choose Insert - Titles to enter the text in a dialog.

  3. Premendo unha única vez sobre o título poderá movelo co rato.

  4. Se quere cambiar o formatado do título principal, escolla Formato - Título - Título principal, que abre a caixa de diálogo Título.

  5. Para facer modificacións escolla entre os separadores dispoñíbeis na caixa de diálogo.

  6. Prema en Aceptar. No documento, prema fóra da gráfica para saír do modo edición.

Axúdenos, por favor!