Editar lendas de gráficas

Para editar a lenda dunha gráfica:

  1. Prema dúas veces na gráfica.

    Aparece un bordo gris ao redor da gráfica e a barra de menú contén agora ordes para editar os obxectos na gráfica.

  2. Escolla Formato - Lenda ou prema dúas veces na lenda. Aparecerá a caixa de diálogo Lenda.

  3. Escolla entre os separadores dispoñíbeis para facer as modificacións que desexe e, a continuación, prema Aceptar.

Icona Nota

Para seleccionar a lenda, prema dúas veces na gráfica (vexa o paso 1) e, a seguir, prema na lenda. Agora pode mover a lenda mediante o rato.


Axúdenos, por favor!