Mostrar, ancorar e ocultar xanelas

Algunhas xanelas de LibreOffice son ancorábeis, como a xanela Navegador. Pode movelas, redimensionalas ou ancoralas a un bordo.

Ancorar e desancorar xanelas

Para ancorar unha xanela pode facer o seguinte:

Estes métodos tamén poden utilizarse para desancorar unha xanela.

Mostrar e ocultar xanelas ancoradas

Icona

Prema o botón situado no bordo da xanela ancorada para mostrala ou ocultala. A función Ocultar automaticamente permítelle mostrar temporalmente unha xanela oculta, premendo no seu bordo. Se preme o documento, a xanela ancorada ocultarase de novo.

note

Depende da configuración do xestor de xanelas do seu sistema o poder ancorar barras de ferramentas e xanelas arrastrando e soltando. Ten que habilitar o seu sistema para que poida mostrar o contido completo da xanela cando a move, en vez de mostrar tan só o marco externo.


Precisamos da súa axuda!