Control ActiveX para mostrar documentos en Internet Explorer

Só en Windows, pode ver calquera documento LibreOffice nunha xanela de Internet Explorer de Microsoft. Instale o control ActiveX no programa de instalación de LibreOffice.

Instalar o control ActiveX

  1. Peche LibreOffice e o iniciador rápido.

  2. Prema no botón Inicio da barra de tarefas Xanela. Escolla Configuración.

  3. Na Configuración, prema en Aplicacións.

  4. Na lista Aplicacións e funcionalidades prema en LibreOffice e despois prema en Cambiar.

  5. No asistente de instalación, seleccione Modificar.

  6. Abra a entrada Compoñentes adicionais e localize a entrada Control ActiveX. Abra o submenú da icona e seleccione a instalación da función.

  7. Prema Seguinte e, a seguir, prema Instalar.

Ver documentos de LibreOffice

  1. En Internet Explorer, vaia, por exemplo, a unha páxina web que conteña unha ligazón a un documento de LibreOffice Writer.

  2. Prema a ligazón para ver o documento na xanela de Internet Explorer.

    Pode premer na ligazón co botón dereito para gardar o ficheiro no disco ríxido.

Editar doumentos de LibreOffice

O documento de LibreOffice mostra en Internet Explorer un conxunto de iconas só de lectura na barra de ferramentas.

  1. Prema a icona Editar ficheiro na barra de ferramentas do documento para abrir unha copia do documento nunha nova xanela de LibreOffice.

  2. Editar a copia do documento.

Precisamos da súa axuda!