Axuda do LibreOffice 24.8
A barra de ferramentas Fontwork ábrese ao seleccionar un obxecto Fontwork.
Abre a Galería do Fontwork, na que se pode seleccionar outra vista previa. Prema en Aceptar para aplicar o novo conxunto de propiedades ao obxecto de Fontwork.
Abre a barra de ferramentas Forma Fontwork. Prema nunha forma para aplicala aos obxectos Fontwork seleccionados.
Cambia a altura das letras Fontwork dos obxectos seleccionados de normal á mesma altura para todos.
Abre a xanela Aliñamento de Fontwork.
Prema para aplicar o aliñamento aos obxectos de Fontwork seleccionados.
Seleccione os valores de espazamento de caracteres que aplicar ao obxecto de Fontwork.
Personalizado: Abre a caixa de diálogo Espazamento entre caracteres de Fontwork, onde pode introducir un valor de espazamento entre caracteres novo.
Valor: introduza o valor de espazamento entre caracteres de Fontwork.
Activa e desactiva os efectos 3D dos obxectos de Fontwork.