Asistente de táboas - Crear táboa

Introduza un nome para a táboa e especifique se desexa modificar a táboa despois de rematar o asistente

Nome da táboa

Especifica o nome da táboa.

Catálogo da táboa

Seleccione o catálogo da táboa. (Só dispoñíbel se a base de datos soporta catálogos)

Esquema da táboa

Seleccione o esquema da táboa. (Só dispoñíbel se a base de datos soporta esquemas)

Modificar deseño da táboa

Seleccione esta opción para gardar e editar o deseño da táboa.

Inserir datos inmediatamente

Seleccione esta opción para gardar o deseño da táboa e abrir a táboa para introducir datos.

Crear un formulario baseado nesta táboa

Seleccione esta opción para crear un formulario baseado nesta táboa. O formulario créase nun documento de texto coa última configuración usada polo Asistente de formularios.

Asistente de táboas

Axúdenos, por favor!