Asistente de táboas - Seleccionar campos

Seleccione os campos de entre as táboas de mostra proporcionadas como punto de partida para a creación da súa propia táboa.

Emprego

Seleccione a categoría de negocio para ver só mostras de táboas comerciais.

Privado

Seleccione a categoría persoal para ver só mostras de táboas persoais.

Exemplos de táboas

Escolla unha das táboas de mostra e, a seguir, seleccione algúns campos desa táboa na caixa de lista situada á esquerda. Repita este paso ata seleccionar todos os campos que necesite.

Campos dispoñíbeis

Enumera os nomes dos campos da base de datos da táboa ou consulta selecionadas. Prema para seleccionar ou manteña as maiúsculas premidas ou a tecla mentres preme para seleccionar máis de un campo.

>

Prema para mover o(s) campo(s) seleccionado(s) para a caixa indicada pola frecha.

>>

Prema para mover todos os campos para a caixa indicada pola frecha.

<

Prema para mover o(s) campo(s) seleccionado(s) para a caixa indicada pola frecha.

<<

Prema para mover todos os campos para a caixa indicada pola frecha.

^

Prema para mover unha entrada cara a arriba o campo seleccionado na lista.

v

Prema para mover unha entrada cara a abaixo o campo seleccionado na lista.

Campos seleccionados

Mostra todos os campos que se incluirán na nova táboa.

Asistente de táboas - Definir tipos e formatos

Axúdenos, por favor!