Asistente de táboas

O asistente de táboas axuda a crear táboas de bases de datos.

Asistente de táboas - Seleccionar campos

Seleccione os campos de entre as táboas de mostra proporcionadas como punto de partida para a creación da súa propia táboa.

Asistente de táboas - Definir tipos e formatos

Especifica a información de campo dos campos seleccionados.

Asistente de táboas - Definir chave primaria

Especifica un campo da táboa para usalo como chave primaria.

Asistente de táboas - Crear táboa

Introduza un nome para a táboa e especifique se desexa modificar a táboa despois de rematar o asistente

Volver

Observe a selección realizada na caixa de diálogo anterior. Non se alterou a configuración. Este botón só se poderá activar a partir da páxina dúas.

Seguinte

Prema no botón Seguinte e o asistente usa a configuración do diálogo actual e continúa para o paso seguinte. Se estiver no derradeiro paso, este botón tórnase Crear.

Rematar

Aplica os cambios e pecha o asistente.

Cancelar

Premendo en Cancelar péchase a caixa de diálogo sen gardar ningunha alteración.

Asistente de táboas - Seleccionar campos

Axúdenos, por favor!