Asistente de consultas

O Asistente de consultas axuda no deseño de consultas de bases de datos. A consulta gardada pode chamarse máis tarde tanto a través da interface gráfica de usuario como da orde SQL creada automaticamente.

Asistente de consultas - Selección de campo

Especifica a táboa en que crear a consulta, así como os campos que se van incluír nela.

Asistente de consultas - Orde de clasificación

Especifica a orde de clasificación dos rexistros de datos da súa consulta.

Asistente de consultas - Condicións de busca

Especifica as condicións de busca para filtrar a consulta.

Asistente de consultas - Detalle ou resumo

Especifica se é necesario mostrar todos os rexistros da consulta ou só os resultados das funcións agregadas.

Esta páxina só se mostra cando hai campos numéricos na consulta que permiten o uso de funcións agregadas.

Asistente de consultas - Agrupamento

Specifies whether to group the query. The data source must support the SQL statement "Group by clauses" to enable this page of the Wizard.

Asistente de consultas - Condicións de agrupamento

Specifies the conditions to group the query. The data source must support the SQL statement "Group by clauses" to enable this page of the Wizard.

Asistente de consultas - Alcumes

Atribúe alcumes que se mostran en vez dos nomes de campo. Son opcionais e permiten o uso de nomes máis amigábeis para o usuario. Por exemplo, poden usarse alcumes cando hai campos de diferentes táboas co mesmo nome.

Asistente de consultas - Visión xeral

Introduza o nome da consulta e especifique se a desexa mostrar ou modificar tras a finalización do asistente.

Volver

Observe a selección realizada na caixa de diálogo anterior. Non se alterou a configuración. Este botón só se poderá activar a partir da páxina dúas.

Seguinte

Prema no botón Seguinte e o asistente usa a configuración do diálogo actual e continúa para o paso seguinte. Se estiver no derradeiro paso, este botón tórnase Crear.

Rematar

Aplica os cambios e pecha o asistente.

Cancelar

Premendo en Cancelar péchase a caixa de diálogo sen gardar ningunha alteración.

Asistente de consultas - Selección de campo

Axúdenos, por favor!