Ferramentas

Menú Ferramentas dunha xanela de base de datos.

Relacións

Abre a visualización Deseño de relación e verifica se a conexión da base de datos soporta relacións.

Administración de usuario

Abre a caixa de diálogo Administración de usuario, se a base de datos soporta esa función.

Filtro da táboa

Abre a caixa de diálogo Filtro de táboa, na cal pode especificar as táboas da base de datos que desexa mostrar ou ocultar.

Seleccione as táboas que desexa filtrar na lista Filtro.

Se selecciona a táboa superior dunha xerarquía, selecciónanse todas as táboas da xerarquía.

Se selecciona unha táboa situada nun nivel inferior da xerarquía, non se seleccionan as táboas posicionadas en niveis superiores.

SQL

Abre a caixa de diálogo SQL, na cal pode introducir instrucións SQL.

Axúdenos, por favor!