Select Database

Crea novas bases de datos, abre ficheiros de bases de datos ou conéctase con bases de datos existentes.

Crear unha nova base de datos

Seleccione esta opción para crear unha nova base de datos. Esta opción usa o motor de base de datos HSQL con configuración predefinida. Aparece a continuación a páxina final do asistente.

External web page about HSQL.

Abrir o ficheiro dunha base de datos existente

Seleccione esta opción para abrir un ficheiro de base de datos dunha lista de ficheiros utilizados recentemente ou dunha caixa de diálogo de selección de ficheiro.

Utilizado recentemente

Seleccione da lista de ficheiros utilizados recentemente un ficheiro de base de datos para o abrir. Prema en Rematar para abrir o ficheiro e saír do asistente.

Abrir

Abre unha caixa de diálogo de selección de ficheiro onde pode seleccionar un ficheiro de base de datos. Prema en Abrir ou en Aceptar para abrir o ficheiro e saír do asistente.

Conectarse cunha base de datos existente

Seleccione esta opción para crear documentos de base de datos para a conexión con bases de datos existentes.

Tipo de base de datos

Seleccione o tipo de base de datos para a conexión con bases de datos existentes.

Icona Nota

Os tipos de bases de datos Outlook, Evolution, axendas de enderezos KDE e Mozilla non necesitan información adicional. Para outros tipos de bases de datos, o asistente contén páxinas adicionais onde especificar a información necesaria.


A seguinte páxina do asistente é unha destas:

Gardar e proseguir

Especifica se desexa rexistrar a base de datos, abrila para editala ou introducir unha nova táboa.

Configurar conexión con ficheiros de texto

Configurar conexión con Microsoft Access

Configurar conexión con LDAP

Configurar conexión con ADO

Configurar conexión con JDBC

Configurar conexión con bases de datos Oracle

Configuración de MySQL

Configuración de ODBC

Configurar conexión con follas de cálculo

Axúdenos, por favor!