Valores xerados

Especifica as opcións dos valores xerados automaticamente en novos rexistros de datos.

A dispoñibilidade dos seguintes controis depende do tipo de base de datos:

Obter valores xerados

Activa o soporte de LibreOffice para campos de datos incrementados automaticamente nas actuais fontes de datos ODBC ou JDBC. Seleccione esta opción se a base de datos, na súa capa SDBCX, non soporta a instrución de incremento automático. En xeral, o incremento automático selecciónase para o campo de chave primaria.

Instrución de incremento automático

Introduza a orde SQL que indica á fonte de datos o incremento automático do campo de datos INTEGER especificado. Por exemplo, a seguinte instrución MySQL usa a instrución AUTO_INCREMENT para aumentar o campo "id" cada vez que a instrución crea un campo de datos:

CREATE TABLE "táboa1" ("id" INTEGER AUTO_INCREMENT)

Para este exemplo, introduza AUTO_INCREMENT na caixa Instrución de incremento automático.

Consulta de valores xerados

Introduza unha instrución SQL que devolva o último valor incrementado automaticamente para o campo de datos de chave primaria. Por exemplo:

SELECT LAST_INSERT_D();

Axúdenos, por favor!