ODBC

Especifica a configuración das bases de datos ODBC. Inclúe os datos de acceso do seu usuario, a configuración do controlador e as definicións da fonte.

Nome de usuario

Teclee o nome de usuario para acceder á base de datos.

Necesítase un contrasinal

Evita que un usuario non autorizado acceda á base de datos. Só se necesita introducir o contrasinal unha vez por sesión.

Configuración do controlador

Use este campo de texto se necesita configurar opcións adicionais do controlador.

Conxunto de caracteres

Select the code conversion that you want to use to view the database in LibreOffice. This does not affect the database. Choose "System" to use the default character set of your operating system. Text and dBASE databases are restricted to character sets with a fixed-size character length, where all characters are encoded with the same number of bytes.

Xeral

Obter valores xerados

Permite a LibreOffice soportar campos de datos incrementados automaticamente na fonte de datos ODBC ou JDBC actual. Marque esta caixa de verificación se a base de datos non soporta a instrución de incremento automático na súa capa SDBCX. En xeral, o incremento automático selecciónase para o campo de chave primaria.

Instrución de incremento automático

Introduza a orde SQL que indica á fonte de datos o incremento automático do campo de datos INTEGER especificado. Por exemplo, unha instrución SQL típica para crear un campo de datos é:

CREATE TABLE "táboa1" ("id" INTEGER)

Para incrementar automaticamente o campo de datos "id" nunha base de datos MySQL, cambie a instrución por:

CREATE TABLE "táboa1" ("id" INTEGER AUTO_INCREMENT)

É dicir, introduza AUTO_INCREMENT na caixa Instrución de incremento automático.

Consulta de valores xerados

Introduza unha instrución SQL que devolva o último valor incrementado automaticamente do campo de datos de chave primaria. Por exemplo:

SELECT LAST_INSERT_D();

Usar restricións de nomeamento de SQL92

Nas fontes de datos, só permite nomes con caracteres que se axusten ás restricións de nomeamento de SQL92. Cada nome debe comezar por letra minúscula, maiúscula ou cun subliñado (_). Os demais caracteres poden ser letras ASCII, subliñados e números.

Usar catálogo para bases de datos baseadas en ficheiros

Uses the current data source of the Catalog. This is useful when the ODBC data source is a database server. If the ODBC data source is a dBASE driver, leave this check box clear.

Axúdenos, por favor!