Formatado de tipos

No explorador da fonte de datos, pode copiar unha táboa arrastrándoa ata o depósito. A caixa de diálogo Formatado de tipos é a terceira xanela da caixa de diálogo Copiar táboa.

Caixa de lista

Lista os campos de datos que se incluirán na táboa copiada.

Información sobre columnas

Nome de campo

Mostra o nome do campo de datos seleccionado. Se o desexa, pode introducir un novo nome.

Tipo de campo

Selecciona un tipo de campo.

Lonxitude

Introduza o número de caracteres do campo de datos.

Número de decimais

Introduza o número de decimais do campo de datos. Esta opción só está dispoñíbel para campos de datos numéricos ou decimais.

Valor predefinido

Seleccione o valor predefinido dos campos Si/Non.

Recoñecemento automático

LibreOffice pode recoñecer automaticamente o contido dos campos ao copiar táboas de bases de datos arrastrando e soltando.

(máx.) liñas

Introduza o número de liñas que desexa usar para o recoñecemento automático.

Auto

Activa o recoñecemento automático.

Axúdenos, por favor!