Copiar táboa

Para copiar unha táboa, arrástrea e sóltea na área de táboas da xanela dun ficheiro de base de datos. Aparecerá a caixa de dialogo Copiar táboa .

Nome da táboa

Especifica o nome da copia. Algunhas bases de datos só aceptan nomes cun máximo de oito caracteres.

Opcións

Definición e datos

Crea unha copia 1:1 da táboa. Cópianse todos os datos e a definición da táboa. A definición abrangue a estrutura da táboa e o formato de diferentes campos de datos, incluídas as súas propiedades especiais. O contido do campo fornece os datos.

Definición

Só copia a definición da táboa, non os datos correspondentes.

Como visualización de táboa

If the database supports Views and you selected this option, a query will be created in the table container as a table. This option allows you to view the query results as a normal table view. The table will be filtered in the view with a "Select" SQL statement.

Anexar datos

Anexa os datos da táboa que desexa copiar noutra táboa.

A definición da táboa debe ser exactamente a mesma para poder copiar os datos. Non se poden copiar datos se os campos da táboa de destino e da táboa fonte teñen formatos diferentes.

Faga coincidir os nomes de campo da caixa de diálogo Copiar táboa, na páxina Aplicar columnas.

Se non é posíbel anexar os datos, na caixa de diálogo Información de columna móstrase unha lista de campos cuxos datos non se poden copiar. Se preme en Aceptar na caixa de diálogo, só se anexan os datos que non aparecen na lista.

Icona Nota

Se, ao anexar os datos, os campos da táboa fonte teñen unha lonxitude maior que os da táboa de destino, trúncanse automaticamente para coincidir coa lonxitude do campo da táboa de destino.


Crear chave primaria

Automatically generates a primary key data field and fills it with values. You should always use this field, since a primary key must always be available in order to edit the table.

Nome

Especifica o nome da chave primaria xerada. Ese nome é opcional.

Páxina seguinte

Axúdenos, por favor!