Asistente de conversión de euros

Converte as cantidades de moeda atopadas nos documentos do Calc do LibreOffice e en campos e táboas dos documentos do Writer do LibreOffice a euros.

Só se converten os ficheiros pechados. É posíbel, no entanto, utilizar o Conversor de euros nun documento de Calc aberto. Nese caso, ábrese unha caixa de diálogo independente, descrita ao final desta sección.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Asistentes - Conversor de euros.


Icona Aviso

Só se converten moedas de países integrados na Unión Monetaria Europea.


Extensión

Documento único de LibreOffice Calc

Converte un ficheiro do Calc do LibreOffice. Para converter campos e táboas do Writer do LibreOffice, marque primeiro Converter tamén campos e táboas nos documentos de texto.

Todo o cartafol

Converte todos os documentos e modelos do Calc do LibreOffice e do Writer do LibreOffice que haxa no directorio seleccionado.

Moedas

Especifica a moeda que será convertida en euros.

Cartafol fonte/Documento fonte

Indica o directorio ou o nome do documento que hai que converter.

...

Abre unha caixa de diálogo para seleccionar o directorio ou documento desexados.

Incluír subcartafoles

Indica se se inclúen todos os subcartafoles do directorio seleccionado.

Converter tamén campos e táboas en documentos de texto

Converte as cantidades de moeda atopadas en campos e táboas dos documentos do Writer do LibreOffice.

Icona Aviso

Os valores do documento de texto situados fóra dos campos ou táboas non se converten.


Desprotexer temporalmente a folla sen consulta

Especifica que a protección da folla estará desactivada durante a conversión e que se reactivará a continuación. Se a protección da folla tiver un contrasinal, verá unha caixa de diálogo para introducir o contrasinal.

Cartafol de destino

Especifica o cartafol e a ruta nas que se gardan os ficheiros convertidos.

...

Abre unha caixa de diálogo na que pode seleccionar un directorio no que gardar os ficheiros convertidos.

Cancelar

Pecha o conversor de euros.

Axuda

Activa a axuda para a caixa de diálogo.

Converter

Inicia a conversión.

Durante a conversión móstrase unha páxina informativa do seu progreso.

Volver

Retorna á primeira páxina do Conversor de euros.

Se o documento actual é un documento ou modelo do Calc do LibreOffice, pódese invocar o Conversor de euros empregando a icona correspondente da barra Ferramentas. Esta icona está agochada por omisión. Para mostrar a icona do Conversor de euros, prema na frecha que hai no final da barra de ferramentas, seleccione a orde Botóns visíbeis e active a icona do Conversor de euros.

Icona

Conversor de euros

A caixa de diálogo Conversor de euros contén as seguintes funcións:

Todo o documento

Converte o documento enteiro.

Moedas

Especifica a moeda que será convertida en euros.

Selección

Se non marcou a caixa de verificación Documento completo terá que seleccionar as celas que desexe converter neste intervalo. Seleccione unha opción e, a seguir, prema nas entradas desexadas no campo Modelos/Intervalos monetarios. O intervalo seleccionado móstrase como tal no documento. Prema en Converter para realizar a conversión.

Estilos de cela

Convértense todas as celas cos estilos de cela seleccionados.

Celas de moeda na folla actual

Convértense todas as celas de moeda da folla de cálculo activa.

Celas de moeda en todo o documento

Convértnese todas as celas de moeda do documento activo.

Intervalo seleccionado

Convértense todas as celas de moeda do intervalo seleccionado antes de que o conversor fose invocado. Todas as celas deben ter o mesmo formato para poderen ser recoñecidas como intervalo seleccionado.

Intervalos monetarios/Modelos

Mostra os intervalos que se van converter da lista.

Precisamos da súa axuda!