Axuda do LibreOffice 24.8
Esta páxina é visíbel se está ligada a unha base de datos. Especifica se os valores de referencia deben gardarse na base de datos.
Indique onde gardar os valores de referencia. Un valor de referencia pode representar o estado actual da caixa de grupo nunha base de datos.
Esta páxina só se mostra se xa está ligada a unha base de datos.
Indica que vostede desexa gardar os valores de referencia nunha base de datos. Os valores escríbense nun campo de datos seleccionado na caixa de lista. A caixa de lista mostra todos os nomes de campo da táboa da base de datos á que está ligado o formulario.
Indica que vostede desexa gardar os valores de referencia só no formulario e non na base de datos.