Axuda do LibreOffice 7.3
Especifica o tipo de imaxes e a resolución da pantalla de destino.
Determina o formato da imaxe. Tamén pode definir o valor de compresión para a exportación.
Os ficheiros expórtanse como ficheiros PNG. Os ficheiros PNG están comprimidos sen perda de datos e poden conter máis de 256 cores.
Os ficheiros expórtanse como ficheiros GIF. Os ficheiros GIF comprímense sen perda de datos e teñen un máximo de 256 cores.
Os ficheiros expórtanse como ficheiros JPEG. Os ficheiros JPEG comprímense, con compresión axustábel e poden conter máis de 256 cores.
Indica o factor de compresión do gráfico JPEG. O valor de 100% ofrece a mellor calidade para un intervalo de datos grande. O factor de 25% indica ficheiros pequenos con calidade de imaxe inferior.
Define a resolución para a pantalla de destino. Dependendo da resolución seleccionada, a imaxe móstrase en tamaño reducido. Pode especificar unha redución do tamaño orixinal de ata 80%.
Seleccione unha resolución baixa para manter o tamaño de ficheiro reducido, mesmo para presentacións con moitas diapositivas.
Seleccione unha resolución media para unha presentación de tamaño mediano.
Seleccione unha resolución alta para unha visualización de diapositivas de alta calidade.
Indica que se exportan os ficheiros de son definidos como efectos de transición.