Exportar HTML - Páxina 1

Na primeira páxina pode seleccionar un deseño existente ou crear un novo.

A configuración seleccionada para exportar gárdase automaticamente como deseño para outras exportacións. Pode introducir o nome do deseño tras premer en Crear.

Para acceder a esta orde...

LibreOffice Draw or LibreOffice Impress menu File - Export, select HTML file type, page 1 of the wizard.


Atribuír deseño

Nesta área é posíbel escoller entre crear un novo deseño e seleccionar ou eliminar un deseño xa existente.

Ao eliminar un deseño, a información sobre o mesmo só será eliminada no asistente. Esta acción non elimina os ficheiros de exportación.

Novo deseño

Crea un deseño nas páxinas seguintes do asistente.

Deseño existente

Carga un deseño existente da lista de deseños e utilízao como punto de partida para os pasos seguintes do asistente.

Lista de deseños

Mostra os deseños existentes.

Eliminar o deseño seleccionado

Elimina o deseño seleccionado da lista de deseños.

Axúdenos, por favor!