Exportar HTML

Determina a configuración para publicar documentos de LibreOffice Draw ou LibreOffice Impress en formato HTML.

Para acceder a esta orde...

Menú do Draw do LibreOffice ou do Impress do LibreOffice Ficheiro - Exportar, seleccione o tipo de ficheiro Documento HTML. O diálogo ábrese automaticamente.


As páxinas mostradas varían en función da selección feita na segunda páxina do asistente.

Exportar HTML - Páxina 1

Na primeira páxina pode seleccionar un deseño existente ou crear un novo.

Exportar a HTML - Páxina 2

Determina o tipo de publicación.

Exportar HTML - Páxina 3

Indica o tipo de imaxes e a resolución da pantalla de destino.

Exportar HTML - Páxina 4

Indica a información que desexa mostrar na portada da publicación.

Exportar HTML - Páxina 5

Define un estilo de botón para navegar polas diapositivas da presentación.

Exportar HTML - Páxina 6

Define as cores da publicación.

< Atrás

Volve ás seleccións feitas na páxina anterior. A configuración actual permanece gardada. Pode seleccionar este botón cando se encontre no segundo paso da edición.

Seguinte >

Garda a configuración actual e avanza á seguinte páxina. Este botón desactívase na última páxina da caixa de diálogo.

Crear

Crea documentos novos segundo as súas seleccións e garda os documentos.

Icona Nota

LibreOffice garda a configuración actual do asistente e úsaa como predefinida ao abrir o asistente de novo.


Axúdenos, por favor!