Asistente de informes - Crear informe

Pódense crear informes dinámicos ou estáticos. Os dinámicos mostran os datos actuais e os estáticos mostran sempre os mesmos datos que había no momento da súa creación.

Para acceder a esta orde...

Prema en Usar o asistente para crear un informe na xanela do ficheiro de base de datos.


Título do informe

Indica o título que se imprime na liña de título de cada páxina.

Informe estático

Garda o informe como estático. Se o abre, mostra sempre os mesmos datos que no momento da súa creación.

Informe dinámico

Garda o informe como modelo. Os informes dinámicos mostran os datos actuais.

Modificar deseño de informe

Se preme en Rematar o modelo gárdase e ábrese para edición.

Crear informe agora

Se preme en Rematar o modelo gárdase.

Axúdenos, por favor!