Asistente de formularios - Engadir campos de subformulario

Especifique a táboa ou consulta que necesita para crear o subformulario, así como os campos que desexa incluír nel.

Para acceder a esta orde...

Prema en Usar o asistente para crear un formulario na xanela do ficheiro de base de datos.


Táboas ou consultas

Especifica a táboa ou consulta para a que se crea o subformulario.

Campos dispoñíbeis

Enumera os nomes dos campos da base de datos da táboa ou consulta selecionadas. Prema para seleccionar ou manteña as maiúsculas premidas ou a tecla mentres preme para seleccionar máis de un campo.

>

Prema para mover o(s) campo(s) seleccionado(s) para a caixa indicada pola frecha.

>>

Prema para mover todos os campos para a caixa indicada pola frecha.

<

Prema para mover o(s) campo(s) seleccionado(s) para a caixa indicada pola frecha.

<<

Prema para mover todos os campos para a caixa indicada pola frecha.

^

Prema para mover unha entrada cara a arriba o campo seleccionado na lista.

v

Prema para mover unha entrada cara a abaixo o campo seleccionado na lista.

Campos no subformulario

Mostra os campos que se van incluír no novo formulario.

Asistente de formularios - Obter campos asociados

Precisamos da súa axuda!