Asistente de formularios - Configuración de subformularios

Especifique se desexa usar un subformulario e introduza as súas propiedades. Os subformularios son formularios inseridos noutros formularios.

Para acceder a esta orde...

Prema en Usar o asistente para crear un formulario na xanela do ficheiro de base de datos.


Engadir subformulario

Seleccione esta opción para engadir un subformulario.

Subformulario baseado en relación existente

Prema para engadir un subformulario baseado nunha relación existente.

Que relación desexa engadir?

Seleccione a relación en que se basea o subformulario.

Subformulario baseado na selección manual de campos

Prema para engadir un subformulario baseado nunha selección manual de campos.

Asistente de formularios - Engadir campos de subformulario

Axúdenos, por favor!