Asistente de formularios

Activa o asistente para a creación de formularios.

Para acceder a esta orde...

Prema en Usar o asistente para crear un formulario na xanela do ficheiro de base de datos.


Seleccione as propiedades do formulario, dando os seguintes pasos:

Asistente de formularios - Selección de campo

Nesta páxina do Asistente de formulario, pode especificar a táboa ou consulta para a que desexa crear o formulario e os campos que desexa incluír.

Asistente de formularios - Configuración de subformularios

Especifique se desexa usar un subformulario e introduza as súas propiedades. Os subformularios son formularios inseridos noutros formularios.

Asistente de formularios - Engadir campos de subformulario

Especifique a táboa ou consulta que necesita para crear o subformulario, así como os campos que desexa incluír nel.

Asistente de formularios - Obter campos asociados

Se escolleu no paso 2 configurar un subformulario con base na selección manual dos campos, pode seleccionar os campos asociados nesta páxina do asistente.

Asistente de formularios - Dispor controis

Nesta páxina do asistente pode seleccionar o deseño do formulario creado.

Asistente de formularios - Definir entrada de datos

Especifica o modo de manexo de datos do novo formulario.

Asistente de formularios - Aplicar estilos

Especifica o estilo do formulario.

Asistente de formularios - Definir nome

Especifica o nome do formulario e como continuar.

Volver

Observe a selección realizada na caixa de diálogo anterior. Non se alterou a configuración. Este botón só se poderá activar a partir da páxina dúas.

Seguinte

Prema no botón Seguinte e o asistente usa a configuración do diálogo actual e continúa para o paso seguinte. Se estiver no derradeiro paso, este botón tórnase Crear.

Prema para crear formularios sen máis preguntas.

Cancelar

Premendo en Cancelar péchase a caixa de diálogo sen gardar ningunha alteración.

Cancelar

Pecha o diálogo e descarta todos os cambios.

Precisamos da súa axuda!