Asistente de axendas

Inicia o asistente para axudalo a crear un modelo de axenda. Pode utilizar a axenda para definir temas de debate de conferencias e reunións.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Asistentes - Convocatoria de reunión.


LibreOffice inclúe un modelo de axendas de mostra, que pode personalizar coa axuda do asistente segundo as súas necesidades. O asistente ofrece múltiplas opcións de deseño e a previsualización móstralle a aparencia provisional da axenda que está a configurar.

No asistente pode modificar en calquera momento as entradas e opcións, así como saltarse unha ou todas as súas páxinas, en cuxo caso se mantén a configuración actual (ou a predefinida).

Asistente de axenda - Deseño de páxina

Especifica un deseño para a axenda.

Asistente de axenda - Información xeral

Especifica a data, hora, nome e localización da reunión.

Asistente de Fax - Elementos para incluír

Especifica os títulos que desexa incluír na axenda.

Asistente de axenda - Nomes

Especifica os nomes que se van incluír na axenda.

Asistente de axenda - Elementos da axenda

Especifica os temas que desexa imprimir no modelo de axenda.

Asistente de cartas - Nome e localización

Escolla o nome e localización para o modelo de axenda.

Volver

Volve á selección feita na páxina anterior. A configuración actual non se modifica nin elimina. Este botón móstrase activo a partir da segunda páxina.

Seguinte

O asistente garda a configuración actual e avanza á seguinte páxina. Este botón fica inactivo ao chegar á última páxina.

Rematar

O asistente crea un novo modelo de documento segundo as opcións seleccionadas e gárdao no disco ríxido. Créase un novo documento baseado no modelo, co nome "Sen título X" (X correspóndese coa numeración consecutiva), e móstrao na área de traballo.

Cancelar

Premendo en Cancelar péchase a caixa de diálogo sen gardar ningunha alteración.

Icona Nota

LibreOffice garda a configuración actual do asistente para o modelo escollido, e, a partir da seguinte activación do asistente, úsaa como predefinida.


Precisamos da súa axuda!