Axuda do LibreOffice 24.8
Abre o Asistente de fax. O asistente axúdao a crear modelos de documentos de fax. Pode imprimir os documentos de fax nunha impresora ou nunha máquina de fax, se dispón de software controlador.
LibreOffice inclúe unha mostra de documento de fax, que pode personalizar coa axuda do asistente segundo as súas necesidades. O asistente guíao paso a paso na creación do modelo de documento e ofrécelle múltiplas opcións de deseño. A previsualización móstralle a aparencia provisional do fax que está a configurar.
No asistente pode modificar en calquera momento as entradas e opcións, así como saltarse unha ou todas as súas páxinas, en cuxo caso se mantén a configuración actual (ou a predefinida).
Prema no botón Volver para ver o configurado na páxina anterior. A configuración actual non se modifica nin elimina. Este botón móstrase activo a partir da segunda páxina. Atrás estará activado a partir da segunda páxina.
O asistente garda a configuración e avanza á seguinte páxina. O botón Seguinte fica inactivo ao chegar á última páxina.
O asistente crea un modelo de documento a partir das opcións seleccionadas e gárdao. Móstrase na área de traballo un novo documento baseado no modelo, co nome de ficheiro "SentítuloX".