Asistente de cartas - Deseño de papel timbrado

Permítelle especificar os elementos presentes no seu papel timbrado. Estes elementos non se imprimen e a impresora non utiliza o espazo que ocupan.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Asistentes - Carta - Disposición de papel timbrado.


Especifique os elementos presentes no seu papel timbrado

Logo

Especifica que xa hai un logotipo impreso no seu papel timbrado. LibreOffice non imprime ningún logotipo.

Altura

Define a altura do obxecto.

Largura

Define a largura do obxecto.

Espazamento á esquerda/dereita

Define a distancia entre o obxecto e a marxe esquerda da páxina.

Espazamento superior/inferior

Define a distancia entre o obxecto e a marxe superior da páxina.

Enderezo de remite

Especifica que xa hai un enderezo impreso no seu papel timbrado. O LibreOffice non imprime ningún enderezo.

Enderezo do remitente na xanela do sobre

Especifica que o enderezo xa está impreso en tamaño reducido por enriba da área do enderezo do destinatario. O LibreOffice non imprime enderezos en tamaño reducido.

Pé de páxina

Especifica que xa hai unha área de rodapé impresa no seu papel timbrado. O LibreOffice non imprime ningunha área de rodapé.

Altura

Introduza a altura da área do rodapé que xa está impresa no papel timbrado. O LibreOffice non imprimirá nesa área.

Ir ao Asistente de cartas - Elementos impresos

Precisamos da súa axuda!