Axuda do LibreOffice 25.2
Inicia o asistente de modelos de carta. Pode utilizar este modelo tanto para correspondencia comercial como persoal.
LibreOffice inclúe mostras de cartas comerciais e persoais, que pode personalizar coa axuda do asistente segundo as súas necesidades. O asistente guíao paso a paso na creación do modelo de documento e ofrécelle múltiplas opcións de deseño. A previsualización móstralle a aparencia provisional da carta que está a configurar.
No asistente pode modificar en calquera momento as entradas e opcións, así como saltarse unha ou todas as súas páxinas. Nese caso, mantense a configuración actual (ou a predefinida).
Se está a crear unha carta comercial, pode engadir unha serie de elementos que normalmente non se usan en cartas persoais, como o asunto. Se escolle a opción de carta Persoal, a caixa de diálogo do asistente non inclúe algunhas das páxinas que conteñen elementos específicos para cartas comerciais.
Permítelle ver as seleccións feitas nos pasos anteriores. Gárdase a configuración actual.
Garda a configuración actual e pasa á seguinte páxina.
O asistente crea un novo modelo de documento a partir das opcións seleccionadas e despois gárdao no disco ríxido. LibreOffice crea un novo documento, baseado nos modelos existentes, co nome "Sen título X" (X correspóndese coa numeración consecutiva) e móstrao na área de traballo.
LibreOffice garda a configuración actual do asistente para o modelo escollido, e, a partir da seguinte activación do asistente, úsaa como predefinida.