Localizar - Busca en todo o texto

A función de busca en todo o texto na Axuda de LibreOffice permítelle encontrar documentos da Axuda que conteñan calquera combinación dos termos de busca. Só ten que escribir unha ou máis palabras no campo de texto de Termo de busca.

O campo de texto Termo de busca almacena as últimas palabras inseridas. Para repetir a busca anterior, prema na icona de frecha e seleccione o termo da lista.

Tras a realización da busca, os títulos dos documentos resultantes ordénanse nunha lista. Prema dúas veces nunha entrada ou selecciónea e prema en Mostrar para cargar o correspondente documento da Axuda.

Use a caixa de verificación Localizar só nos títulos para limitar a busca aos títulos dos documentos.

A caixa de verificación Só palabras completas permítelle realizar buscas exactas, nas que non se localizan partes de palabras. Non seleccione esta opción se desexa facer a busca do termo introducido como parte doutras palabras.

Pode introducir unha combinación de termos de busca separados por espazos. A busca non é sensíbel a maiúsculas e minúsculas.

Icona Suxestión

As buscas no índice e en todo o texto sempre se realizan no aplicativo LibreOffice seleccionado nese momento. Escolla o aplicativo apropiado mediante a caixa de lista situada na barra de ferramentas do visualizador da Axuda.


Axúdenos, por favor!