Índice - Busca de palabras chave na Axuda

Pode buscar un tema específico se teclea unha palabra na caixa de texto Termo de busca. A xanela contén unha lista alfabética de termos do índice.

Se o cursor está situado na lista do índice mentres teclea o termo de busca, a visualización salta directamente á seguinte correspondencia. Cando teclea unha palabra na caixa de texto Termo de busca, enfócase a correspondencia máis achegada no índice de lista.

Icona Suxestión

As buscas no índice e en todo o texto sempre se realizan no aplicativo LibreOffice seleccionado nese momento. Escolla o aplicativo apropiado mediante a caixa de lista situada na barra de ferramentas do visualizador da Axuda.


Axúdenos, por favor!