Axuda do LibreOffice 24.8
As suxestións e as suxestións adicionais ofrecen axuda mentres traballa.
As suxestións fornecen os nomes dos botóns da barra de ferramentas. Para mostrar unha suxestión, descanse o punteiro sobre un botón da barra de ferramentas até que apareza o nome do botón.
Tamén se mostran suxestións sobre algúns elementos dun documento, como hiperligazóns, campos e entradas de índice.
As suxestións están activadas sempre.
As Suxestións estendidas fornecen unha descrición breve dos botóns e as ordes. Para mostrar unha suxestión estendida, prema Maiús+F1 e apunte para un botón ou orde.
Active ou desactive as suxestións en - LibreOffice - Xeral.