Xanela da Axuda de LibreOffice

Icona Aviso

O sistema de axuda de todas as versións do software baséase nos mesmos ficheiros fonte. Algunhas das funcións descritas na axuda poden non estar incluídas nesta distribución en particular. Algunhas características específicas dunha distribución poden non ser mencionadas nesta axuda.


A xanela Axuda mostra a páxina de axuda seleccionada nese momento.

A barra de ferramentas contén funcións importantes para controlar o sistema de axuda:

Icona

Agocha e mostra o panel de navegación.

Icona

Retorna á páxina anterior.

Icona

Avanza para a páxina seguinte.

Icona

Vai para a primeira páxina do tema de axuda actual.

Icona

Imprime a páxina actual.

Icona

Engade esta páxina aos seus marcadores.

Icona de busca

Abre a caixa de diálogo Atopar nesta páxina.

Estas ordes tamén poden encontrarse no menú de contexto do documento da Axuda.

Páxina da Axuda

Pode copiar do visor de axuda para o portapapeis do sistema operativo coas ordes de copiado habituais. Por exemplo:

  1. Seleccione o texto que desexa copiar dunha páxina da Axuda.

  2. Prema en +C.

Para buscar na páxina actual:

  1. Prema na icona Localizar nesta páxina.

    Ábrese a caixa de diálogo Localizar nesta páxina.

    Icona Nota

    Tamén pode premer na páxina Axuda e premer en +F.


  2. Introduza na caixa Buscar o texto que desexa encontrar.

  3. Seleccione as opcións de busca que desexa usar.

  4. Prema en Localizar.

    Para localizar na páxina a seguinte ocorrencia do termo buscado, prema de novo en Localizar.

Panel de navegación

O panel de navegación da xanela da Axuda contén os separadores Contido, Índice, Localizar e Marcadores.

Na caixa de lista situada na parte superior pode seleccionar outros módulos da Axuda de LibreOffice. Os separadores Índice e Localizar tan só conteñen os datos do módulo de LibreOffice seleccionado.

Contido

Mostra un índice dos principais temas de todos os módulos.

Índice

Mostra unha lista de palabras chave do índice para o módulo de LibreOffice seleccionado actualmente.

Localizar

Permítelle levar a cabo unha busca en todo o texto, incluíndo todo o contido da Axuda do módulo de LibreOffice seleccionado.

Marcadores

Contén marcadores definidos polo usuario. Pode editalos, eliminalos ou premer neles para ir ás páxinas correspondentes.


Precisamos da súa axuda!